www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Xullo de 2018

As obras do parque infantil de Chapela deberán estar rematadas en vinte días
Política • 18/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A empresa HPC Ibérica será a encargada da obra de reparación  do parque infantil de Chapela  cun investimentos de 58.621€. As obras, incluídas nas partidas económicas do Plan Provincial de Obras e Servizos acometeranse no prazo de 20 días  e contemplan a restauración dalgúns dos elementos de xogo que hai na alameda, así como a substitución do mobiliario que estea máis danado.


Segundo o proxecto aprobado na xunta de goberno provincial, instalarase un novo equipo combinado cunha gran torre temática central na que  os  cativos poderán xogar nun tobogán  parcialmente pechado, unha pértiga con chanzos e varios tubos de deslizamento. Esta nova infraestructura  terá ademais catro novos columpios de formas diferentes.


A actuación aprobada pola Deputación tamén inclúe o acondicionamento de toda a zona de xogos reservada na alameda de Chapela. Colocarase céspede artificial no chan e un valado metálico para pechar o parque. Tamén se van instalar paneis informativos nas distintas zonas de xogos habilitadas e todos os medios necesarios para a prevención de seguridade e saúde requiridos neste tipo de infraestruturas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: