www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Xuño de 2018

Música co Coro Rías Baixas e ofrenda floral para conmemorar o Día das Letras Galegas
Cultura • 15/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O domingo 17 de maio ás 12.00 h, nos Xardíns da Alameda terá lugar un acto institucional e ofrenda floral diante da estatua de Daniel Castelao e media hora despois está previsto un concerto no auditorio da Xunqueira a cargo do Coro Rías Baixas, dirixido por Bruno Díaz, cun repertorio de música galega centrado en composicións do músico ponteareán Rogelio Groba, entre as que se inclúe a cantata "Anxos de Compostela", sobre textos de Filgueira Valverde.


Unhas actividades organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística e a Concellería de Cultura para conmemorar una xornada dedicada este ano ao escritor e hisotriador pontevedrés Xosé Filgueira Valverde.


O mes das letras continuará continúa o mércores 20 ás 20.30 h, na Casa da Cultura cun relatorio de Henrique Monteagudo, profesor da USC e secretario da RAG baixo o título "O trobador Johan Soarez Somesso, señor de Chapela (1200-1250)".


Xa no mes de xuño entre os días 11e 30 a sala de exposición I do multiusos da Xunqueira acollerá a exposición, patrocinada pola Deputación de Pontevedra, "Xosé Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia". Poderá visitarse no horario de apertura habitual da instalación, de 9.00 a 14.00 h e de 16.30 a 21.30 h.


Con esta programación preténdese achegar a obra e a figura de Filgueira Valverde.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: