www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

O grupo folk Tanto Nos Ten actúa no festival Ventofolk na Miñoteira
Cultura • 14/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación xuvenil Ventorock organiza por segunda no consecutivo unha xornada de convivencia na parroquia de Ventosela que se desenvolverá o domingo día 17 na área recreativa da Miñoteira e no que se inclúen xogos e xantares populares así como obradoiros para os nenos. A xornada rematará coa actuación dos grupos Licor de Gaita e Tanto Nos Ten (TNT).


A Asociación Xuvenil organizadora desta actividade centra os seus maiores esforzos na celebración do ventorock no mes de outubro, pero o ano pasado decidiron poñer en marcha tamén este festival do Ventofolk, unha xornada de convivencia con actividades para todas as idades e todos os público que terá lugar a partir das doce do mediodía do vindeiro domingo na área recreativa da Miñoteira en Ventosela. Un campionato de chave é primeira das citas previstas e a continuación darase paso ao xantar popular. Os asistentes poderán degustar polbo e churrasco ou se o prefiren levar a súa propia comida Pola tarde, en colaboración con Senghasoil organizan obradoiros para os nenos e a partir das sete será a quenda da música. O primeiro en actuar será Vento e o seu acordeón quen coa súa música fará unha homenaxe a Xosé Filgueira Valverde.


A partir das 20:00 horas actuación de Licor de Gaita e o grupo TNT, Tanto nos ten.


Dende a organización convidan a todos os veciños a achegarse e celebrar así o día das letras galegas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: