www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

A Radio Municipal organiza un debate electoral cos candidatos á alcaldía de Redondela
Política • 12/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os candidatos á alcaldía de Redondela confrontarán as súas propostas electorais nun debate organizado por Radio Redondela e que se celebrará este xoves día 14 ás 20:00 horas no multiusos da Xunqueira. Están convocados a participar representantes das sete agrupacións políticas que se presentan este ano ás eleccións municipais: PP, PSOE, BNG, AER, Redondela Pode, Son Redondela e Ciudadanos de Centro democrático.


Confirmaron a súa asistencia Eduardo Reguera polo Partido Socialista, Xoan Carlos González do Bloque Nacionalista Galego, Ricardo Figueroa da Agrupación de Electores, Luisa Cayetano por Son Redondela e Mar Núñez en representación de Redondela Pode.


Pola súa banda, o PP rexeitou a invitación a participar e, salvo sorpresa de última hora, a cadeira que lle correspondería ocupar ao seu cabeza de lista Javier Bas permanecerá baleira. Tampouco se presentará ao debate o candidato de Ciudadanos de Centro Democrático.


O debate retransmitirase en directo pola emisora municipal (94.9) e está aberto a todo o público que queira participar. Poderase seguir tamén a través da páxina web www.radioredondela.com. Moderará o debate a directora da Radio Municipal, Mª Jesús Queimaliños.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: