Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Aberto o prazo para a solicitude de axudas para actividade de promoción da igualdade
Sociedade • 11/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellaría de Servizos Sociais, Muller e Igualdade ten aberto o prazo de solicitude de subvencións para actividades de promoción da muller e a igualdade para o ano 2015. Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de subvencións, durante o presente ano ás asociacións e vogalías da muller de entidades veciñais ou culturais que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello. As solicitudes deben formalizarse antes do 26 de maio.


Poderán solicitar estas axudas para financiar o desenvolvemento de actividades e programas de promoción da muller e da igualdade cuxa finalidade sexan entre outras favorecer a conciliación e corresponsabilidade, difundir os dereitos das mulleres, da historia do movemento de mulleres e do pensamento feminista, de formación, orientación e asesoramento cara a busca ou consolidación do emprego feminino, de


 prevención ou tratamento da violencia de xénero así como outro tipo de actividades orientas a promoción da saúde e o autocoidado, a participación ou a adquisición de habilidades sociais. O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria remata o martes 26 de maio, incluído.


As bases pódense consultar no BOP do pasado venres 8 de maio.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: