www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Clemente Bastos: "A enseada necesita un plan de recuperación para garantir o futuro do Choco"
Sociedade • 8/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Nesta fin de semana celébrase a XXIX edición da Festa do Choco na que se servirá, en palabras do patrón maior da confraría de Cesantes "o mellor choco do mundo". Un produto que conta con distintivo de calidade desde hai dous anos e cuxas características o converten nunha delicatessen pero cuxo futuro depende en gran medida de que se acometan medidas para garantir a recuperacións da enseada.


Clemente Bastos explica que este ano a campaña está a ser mellor que na edición anterior "principalmente porque as condicións meteorolóxicas foron mellores, cunha menos intensidade de precipitacións". Isto fai que a estas alturas da campaña se teña incrementado nun 50% as capturas "o ano pasado roldaban as 10 toneladas e este ano estamos en 15".


Con todo, insiste en que o futuro da especie non está asegurado debido a man do home e a contaminación que afecta á enseada de San Simón e demanda dos políticos que se impliquen para acometer plans de actuación que garantan a pervivencia tanto do choco como do resto de mariscos e peixes que se capturan na ría.




Na fin de semana celébrase a exaltación do choco en Redondela coa degustación do produto que se servirá na carpa restaurante instalada no campo da feira e que abrirá as súas portas ás doce do mediodía de mañá par dar paso ás 12:30 ao xa tradicional concurso Gastronómico. Pola tarde ás 18:00 h. actuación da Banda de Música e as 20:00 h. demostración de cociña con Iñaki Bretal.  Dous días de festa nos que se servirá exclusivamente choco de Redondela.O domingo as actividades arrancarán as 10.30 horas con alboradas a cargo da Banda de música de Chapela. Á mesma hora poderase ver unha exposición de choens antigos. Xa as 12:30 está prevista a lectura do pregón a cargo da actriz e presentadora Teté Delgado. Ás 18:00 h. actuará a charanga Vai de baile e as festaras rematarán coa tradicional verbena a partir das 21:00h.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: