www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Obradoiros para nenos en Chapela
Cultura • 8/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A biblioteca de Chapela en colaboración co Instituto da parroquia organiza nas vindeiras semanas diferentes actividades orientadas a nenos e nenas de idades comprendidas entre o 3 e 6 anos. Desenvolveranse os martes e venres pola tarde e para participar cómpre inscribirse previamente no teléfono 986 45 42 26, no correo electrónico bibliotecachapela@redondela.es ou na propia biblioteca en horario de tarde de 16:30 a 21:00 horas.


A estreita colaboración da axencia de lectura de Chapela co alumando de Educación Infantil do Instituto da parroquia permite a organización de actividades orientadas aos pequenos e nas que poden participar todos aqueles rapaces de idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos que se inscriban previamente.


A primeira das actividades leva por nome "Trouleando  con contos" e consiste en tres sesións independentes que se impartirán os martes 12, 19 e 26 de maio en horario de 18:30 a 20:30 horas. Contos e actividades variadas que farna as delicias dos máis pequenos segundo nos explicaba a responsable da biblioteca Mª José Villar.


Os venres 15 e 22 de maio a proposta "A Cidade Monstruosa" servirá para aprenderlle aos participantes seguridade vial e urbanidade dun xeito lúdico e divertido.


Os interesados deben inscribirse no teléfono 986 45 42 26, no correo electrónico bibliotecachapela@redondela.es ou na propia biblioteca en horario de tarde de 16:30 a 21:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: