www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

O BNG solicita que o goberno se involucre para evitar a folga do lixo
Política • 7/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os traballadores da empresa Urbaser teñen anunciado unha convocatoria de folga a partir do 18 de maio. Esta decisión tomada polos traballadores vén dada pola negativa da empresa a continuar coas negociacións do convenio. Para facer pública esta demanda, os propios traballadores tiveron presenza no pleno celebrado a pasada semana.


Dende o BNG entenden que "a corporación municipal, e sobre todo o goberno local non deben permanecer alleos a esta problemática e ten a obriga moral de esgotar todas as posibilidades para evitar que esta convocatoria de folga se materialice".


Por estes motivos a concelleira nacionalista Cecilia Pérez Orge ven de solicitar a convocatoria urxente da Xunta de Portavoces para que, por parte do Alcalde, se dea información sobre as xestións feitas ou que pensa facer para solucionar este conflito.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: