www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

A Casa da Cultura acolle a presentación da Cooperativa Nosa Enerxía
Sociedade • 7/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Trátase dunha cooperativa de uso e consumo e sen ánimo de lucro cuxo obxecto é comercializar enerxía de orixe renovable certificado. Deste xeito as persoas socias da cooperativa colaborar tamén no obxectivo de cambiar o modelo enerxético actual e que evolucione cara un modelo 100% sostible. Unha actividade organizada pola Agrupación de Electores e que terá lugar na tarde do xoves 7 ás 19:00 horas e na que se falará tamén do funcionamento do mercado eléctrico.


Nosa Enerxía nace como a primeira cooperativa galega que ten por obxecto a comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable, apostando pola sostenibilidade enerxética e por una xestión transparente. A longo prazo a cooperativa ten tamén como obxecto a promoción de proxecto de xeración de enerxía renovable de xeito distributivo.


O funcionamento de Nosa Enerxía está baseado no modelo cooperativo, o cal significa que son una organización participativa e aberta. O único necesario para seren socios é facer una chega inicial de 100 euros, cantidade que lle será devolta a cada cooperativista no momento en que decidan deixar de participar do proxecto.


Na charla presentación de hoxe falarán dos seus obxectivos a curto e medio prazo. A día de hoxe contan xa con 120 socios, están a piques de comezar a comercializar a enerxía e teñen en mente de cara ao futuro ampliar eses servizos ata chegar a ser produtores.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: