www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

46 redondeláns atoparon emprego no mes de abril
Sociedade • 6/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

En toda a bisbarra foron 69 as persoas que atoparon emprego no pasado mes de abril segundo se desprende dos datos feitos públicos pola Consellería de emprego. Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén encadean así tres meses consecutivos de caída nas súas listas do paro. En Fornelos de Montes a tendencia é á alza cunha variación mínima con tres novos desempregados.


A boa cifra do paro que nos deixa o mes de abril repítese tamén na nosa bisbarra. Redondela experimentou un descenso no número de desempregados inscritos ata situarse en 2568, 46 persoas menos que no mes anterior. Un dato que supón tres meses consecutivos de caídas e que nos sitúa en cifras de seis meses atrás. Descensos que se repiten tamén en Soutomaior con 23 parados menos respecto do mes anterior, sendo agora mesmo 823 as persoas que se atopan en situación de búsqueda de emprego.


En Pazos de Borbén foron tan só 3 as persoas que atoparon traballo, as mesmas que o perderon en Fornelos de Montes. Estas concellos presentan 405 e 199 desempregados respectivamente.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: