Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

A Festa do Choco confía en repetir os 35.000 visitantes da anterior edición
Sociedade • 5/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O concello de Redondela acolle esta fin de semana a celebración da XXIX edición da festa do Choco. Un total de 50 camareiros serán os encargados de servir o choco nas súas diversas preparacións que se poderán degustar nos cinco postos instalados baixo a carpa-restaurante no Campo da feira.  A oferta gastronómica completarse con outros produtos que permitirán acompañar o choco de sobremesas variadas. Un programa festivo onde non faltará a música, as verbenas e o xa tradicional concurso gastronómico. O pregón correrá a cargo da actriz Teté Delgado.


Os postos de degustación abrirán as súas portas ás 12:00 horas do sábado. A taperia A Cova, O tranquilo, Cafetería Venus, o restaurante Casa Rei e Asador Soriano e o Mesón a Tella servirán aos comensais os tradicionais pratos de Choco con arroz, na súa tinta,  en empanada ou empanadilla. Unha oferta gastronómica que se completará tamén con fabada de choco, guiso de choco ou fideuá de chocos con ameixas. Receitas máis novidosa para exaltar un produto da nosa ría e que dende hai xa dous anos conta co distintivo de calidade "Choco de Redondela". Prezos ademais que se manteñen con racións a 8 euros, empanadas a 15 euros e empanadillas a 1,5 euros.


Tamén o sábado convócase un ano máis o xa tradicional concurso gastronómico presentado por Carmen Albo directora do programa radiofónico "Guisándome la vida". Na mesma xornada, ás 20:00 horas haberá verbena amenizada coas orquestras Los Príncipes e Grupo Venus.


O domingo os chocos poderanse degustar xa a partir das 10:30 horas. O pregón nesta edición correrá a cargo da actriz, cantante e presentadora Teté Delgado e a verbena nocturna estará amenizada pola Orquestra Los Duendes.


O alcalde de Redondela, Javier Bas saleinta a colaboración existente entre o Concello, a Asociación de Empresarios e os hostaleiros que fan posible "a celebración dun evento que xa é todo un referente, polo que hai que apostar e que é un escaparate para Redondela".  


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: