www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 23 de Maio de 2018

Aberto o prazo para a solicitude de subvencións para actividades culturais
Cultura • 5/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O concello destina a estas axudas un total de 40.000 euros que serán repartidos entre as asociacións, entidades e centros culturais que soliciten unha subvención para desenvolver actividades de carácter culturais entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2015. As entidades interesadas deberán presentar a súa solicitude antes do 30 de maio.


Poderán acceder a estas axudas todas as asociacións e entidades sen ánimo de lucro que teñan o seu domicilio social en Redondela, realicen actividades de interese cultural e se atopen debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. Os interesados deberán presentar as solicitudes antes do 30 de maio e deberán achegar unha memorias das actividades realizadas nos últimos catro anos.


As axudas non superarán o importe de 3.000 euros por entidade solicitante e virá determinada en base a un baremo no que se valorará o número de asociados, o número de actividades desenvolvidas nos últimos anos así como o ámbito xeográfico no que realizan as súas iniciativas.


As bases que rexen estas subvencións pódense consultar na páxina web do concello e no BOP do pasado 30 de abril.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: