Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

O RedondelaFS asegura o terceiro posto a falta dunha xornada por rematar a tempada
Deporte • 4/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O equipo vencía ao Quinta de Túi nun encontro disputado na casa e que remataba co resultado de 3-2. Os redondeláns aseguran así o terceiro posto da categoría a falta tan só dunha xornada para rematar a competición. Vitoria tamén para o Campito na súa visita ao campo do Tui Futsal (7-9) mentres que o Arealonga caía ante o Xarío por 3-2.


Satisfeitos na dirección do Redondela FS logo das vitorias na fin de semana. O venres xogaban no campo do Garciaraujo o partido pendente que fora posposto por mor da folga que os clubs convocaron semanas atrás. Un encontro no que resultaban claros gañadores cun contundente 2-5. Máis axustada a vitoria ante o Quinta de Tui, xa que o partido rematou co resultado de 3-2. Unha fin de semana cun alto compoñente emocional, xa que o capitán redondelán, Manoliño,  disputaba o seu último encontro como xogador, despois de toda unha vida vinculado ao club. O técnico Julio Mougán, e o membro da xunta directiva Puga, entregarían nos prolegómenos do encontro, unha placa conmemorativa ao xogador, ante o longo aplauso da bancada.


Un grupo que despedirá a vindeira fin de semana a tempada co último dos encontros previstos, na casa do Verín Futsal. Partido que non suporá cambios no terceiro posto que ocupan na categoría. O grupo deberá afrontar un novo ciclo a partir da nova tempada, entre outras cousas, coas baixas de Manoliño e o seu técnico Julio Mougán.


Vitoira tmaén para o Campito na súa visita ao campo do Tui Futsal por 7-9. Os de Chapela pecharán a liga xogando na casa e recibindo ao lider indiscutible do grupo, o Sala Ourense.


O outro equipo de Chapela, o Arealonga caía ante o Xario por 3-2 e no último dos encontros pendentes recibirá ao Noia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: