www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

Clarinete e saxo, os instrumentos preferidos polos alumnos do Conservatorio
Institucional • 7/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O centro de estudos de música ten aberto ata o 15 de xullo o prazo de matrícula para o vindeiro curso no que se superarán os 300 alumnos




 O pasado ano foron 174 os alumnos do Conservatorio municipal Víctor Ureña que cursaron estudos regrados aos que hai que engadir os 136 alumnos que optaron pola Escola de Música. Dous xeitos diferentes pero igualmente válidos para todos aqueles que desexen aprender a tocar un instrumento como o piano, o violín, a percusión ou os que máis de moda están na actualidade entre as demandas do alumnado: o clarinete, o saxo e a trompa.


En total 14 instrumentos diferentes nos que os interesados poden formalizar a súa matrícula en horario de 10:00 a 13:00 horas no conservatorio.


A directora do conservatorio, Elisa Arias destaca que o centro ten reducido notablemente o número de abandonos grazas sobre todo á introducción do curso preparatorio, que permite aos rapaces durante todo un curso coñecer diferentes instrumentos “acabouse así cunha práctica habitual que levaba aos pais a elixir o instrumento que estudaban os seus fillos”.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: