Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

AER reclama maior protección para a fortaleza de Rande
Cultura • 30/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os restos da coñecida como muralla da fortaleza de Rande quedaron a vista logo da limpeza realizada polos operarios de Audasa que está a preparar os terreos para acometer as obras de ampliación da AP-9. Malia que hai dous anos se aprobara por unanimidade unha moción solicitando que se declararan estes restos Ben de Interese Cultura (BIC) e se lles dese maior protección, AER denuncia que dende a Xunta non se ten recibido resposta a esta petición. Solicitan tamén ao alcalde que adopte medidas para garantir a pervivencia destes restos.


A Agrupación de Electores presentará no pleno de hoxe unha pregunta na que solicitan do alcalde información sobre as xestións realizadas ante Patrimonio encamiñadas a facer cumprir unha moción presentada hai xa dous anos e na que se solicitaba a declaración de Ben de Interese Cultural tanto dos restos da Fortaleza de Rande como o cargadoiro do Alemán e o xacemento arqueolóxico dos pecios da batalla e da contorna de Rande.


Na moción arguméntase a necesidade de protexer o "único vestixio que resta das defensas terrestres relacionada coa Batalla de Rande que podería quedar destruído coa construción de novos piares para a ampliación da Ponte". Precisamente a súa declaración como BIC ou o mero feito de incoar un expediente para tramitar esta declaración outorgaría a este elemento patrimonial unha maior protección ante calquera actuación urbanística.


Neste sentido solicitan hoxe do alcalde Javier Bas, que dea explicacións sobre as xestións feitas ante patrimonio e si ten pensado "solicitar a Fomento a paralización inmediata das obras na contorna ata que non quede clarificado que efecto terán sobre dito xacemento".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: