www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

A Illa de San Simón recupera as visitas guiadas
Cultura • 29/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Un ano máis a empresa Cruceros Angel será a encargada de xestionar as visitas guiadas á Illa dende Redondela. Unha visitas que dependen das mareas pero que está previsto teñan dúas saídas os sábados e domingos en horarios de mañá e tarde e que se completen tamén con visitas durante a semana. Os prezos mantéñense como o ano pasado: 9 euros os adultos, 5 euros os nenos a partir de catro anos.


En total dúas horas de percorrido pola Enseada no que os usuarios van coñecendo a historia da batalla Naval de Rande ou o seu pasado industrial sen esquecer a súa importante riqueza natural. E como punto culminante a chegada e visita guiada pola illa na que os visitantes van coñecendo o pasado e presente deste espazo.


Malia que os horarios dependen das mareas si está confirmada que esta fin de semana haberá unha saída na tarde do venres ás 16:30 e o sábado e domingo as doce do mediodía de catro e media da tarde. Unhas frecuencias que poderían aumentar dependendo da demanda de público.


Ademais como novidade desta edición a empresa inclúe tamén paradas no museo Meirande. A visita a este Centro de Interpretación da batalla de Rande é posible logo da recente colocación dun pantalán que da acceso ás instalacións pro mar e permiten o atraque da embarcación, segundo explicaba o alcalde Javier Bas.


A empresa Cruceros Angel é a encargada de xestionar estas visitas que se van desenvolver na fin de semana e que teñen un prezo de 9 euros para o público adulto e 5 euros os nenos, con viaxes de balde para os menores de 4 anos.


As reservas pódense realizar nos 620864052 e no correo electrónico info@crucerosangel.com. Tamén na caseta de turismo de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: