www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

O BNG de Soutomaior pide un debate público co candidato do PP Agustín Reguera
Política • 28/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O candidato do BNG-Asembleas Abertas Manu Lourenzo solicitou por rexistro no concello un debate público a Agustín Reguera, unha vez coñecido que se presentará á alcaldía. Ao seu enteder "é un dereito da cidadanía coñecer as propostas que cada un dos grupos que aspiran a gobernar o concello; e para isto nada mellor que presentarllas en 1ª persoa, nun debate público".


Engade Lourenzo que en todos os concellos da contorna estanse a celebrar debates entre as candidatas e candidatos das diferentes organizacións políticas "un exercicio de democracia e transparencia que permitirá as veciñas e veciños coñecer os diferentes programas e proxectos para o noso concello".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: