Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Agosto de 2018

Tan só dez Maios festexarán a primavera
Cultura • 27/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Dos máis de cincuenta participantes na década dos 80 e principios dos 90, tal e como se recolle no libro de Olimpio Giráldez "60 anos de crónicas redondelás" a tan só dez nesta edición. Unha diminución paulatina que fai que ano tras ano vaia baixando o número de participantes nesta celebración que terá lugar na mañá do vindeiro venres. Un descenso no número de inscritos que ten tamén o seu aspecto positivo: unha maior axilidade na celebración que o día 1 encherá as rúas de Redondela de música, flores e nenos que coa venda das coplas volverán pedir cartos aos transeúntes.


Redondela prepárase para vivir un ano máis a tradicional festa dos Maios que contará nesta ocasión cun total de 10 Maios participantes. Unha figuras vexetais que se poderán ver xa a partir das once da mañá na Alameda lugar no que permanecerán ata que se dean a coñecer aos premiados e cuxos integrantes subirán ao palco instalado na praza do concello para cantar e interpretar as súas coplas.


Os dez maios participantes disputaranse os premios de cada categoría dotados con 200, 150 e 100 euros para o primeiro, segundo e terceiro clasificado nas categorías de coplas e interpretación. Tamén haberá tres premios para as tres mellores composicións en artístico e en tradicional.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: