www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Setembro de 2018

"Deber" de Angel Manzano faise co premio da XI edición do Festival Redondela en Curto
Cultura • 27/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A curtametraxe, unha comedia de 16 minutos, está protagonizada por Mayka Braña, Uxia Blanco, Alejandro Garrido e Belen Constenla. Era a única curta galega que participaba da sección oficial e foi elixida polo público como a mellor das 16 proxectadas. O premio Andaina, no que participan as curtas de temáticas relacionadas coas persoas con necesiddes especiais, recaeu no título "Cuerdas" de Pedro Solís.


O concelleiro de Cultura, Julio Alonso foi o encargado de da a coñecer as curtas gañadoras desta edición na que se estreou oficialmente a longametraxe "Angel" sobre a vida do restaurador redondelán. Auditorio ateigado de público para ver unha película na que se contaban as experiencias deste home que logo dunha dura infancia marcada polo franquismo, percorreu medio mundo en busca da súa paixón: a pintura e a restauración ata chegar a París, cidade na que Angel Barros viu o seu soño cumprido chegando a ser restaurador do Museo Louvre.


Uns dous mil espectadores pasaron polo Multiusos durante os catro días de festival para achegarse a esas crutametraxes seleccionadas entre as máis de 700 recibidas este ano. Unha decimo primeira edición que o director do festival espera repetir no 2016


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: