www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Decembro de 2018

Pleno no fútbol sala
Deporte • 27/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Fin de semana de parabéns para todos os equipos de Redondela que militan en autonómica a falta de tan só tres xornadas para acabar a competición. Tanto o Redondela FS co Campito e Arealonga lograron imporse nas súas respectivas citas e en todos os casos fixérono con contundencia. 3-6 foi o resultado do encontro disputado entre O Cereixa e o Redondela, 8-3 vencía o Campito ao Baíña e o Arealonga vencía 6-0 ante o Bóveda Magna.


Logo da vitoria por 3-6 na súa visita ao campo do Cereixa, o Redondela segue dependendo de si mesmo para poder rematar esta Liga Galega na terceira posición da mesma.


Na súa visita a Gondomar os de Redondela dominaron o encontro durante os corenta minutos. Na primeira parte case que deixaron sentenciado o choque xa que cando finalizaron os primeiros vinte minutos o resultado eran un claro 0-4. 


A semana que ven apurará a competición, xa que a xornada aprazada pola folga, disputarase o venres festivo, xogando logo a xornada correspondente, polo tanto seis puntos en 48 horas que pode esclarecer case toda a táboa clasificatoria. Os de Redondela visitarán As Neves para xogar co garciaraujo.com, e recibirán A Quinta de Tui, no que pode ser a pelexa pola terceira praza.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: