Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

As rebaixas nos prezos do transporte metropolitano comezarán a aplicarse o luns
Sociedade • 24/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Para beneficiarse das bonificacións no billete de autobús é preciso contar cunha tarxeta que xa se está a distribuir nas oficinas de Abanca. En Redondela estes dispositivos estarán a disposición dos usuarios nas oficinas desta sucursal bancaria en Cesantes, na de Avenida de Vigo en Chapela e no casco urbano de Redondela na oficina que se atopa na Praza de Ribadavia. As tarxetas, que permitirán ao seu titular beneficiarse dos descontos de ata un 50% no prezo do billete, teñen un prezo de 2 euros e funcionarán como tarxetas moedeiro que deberán recargarse nas oficinas ou nos caixeiros.


O vindeiro luns día 27 porase en marcha o tan esperado Plan de transprote metropolitano, un programa de transporte que se aplicará en 12 concellos: Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Redondela, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Pazos de Borbén, cuxos veciños poderán beneficiarse de descontos nas viaxes comarcais e navieiras da Ría. As tarxetas deste Plan de Transporte Metropolitano de Vigo, indispensables para poder beneficiarse dos descontos, estan dispoñibles desde onte nas oficinas distribuidoras de Abanca. Os dispositivos poderán solicitarse nun total de 24 oficinas distribuidoras desta entidade bancaria. Os dispositivos de pago, cun prezo bonificado de 2 euros, poderán adquirirse sen necesidade de ter unha conta asociada, só presentado o DNI, e funcionan como tarxetas moedeiro que deberán recargarse nas oficinas ou nos caixeiros.


O emprego da Tarxeta de Transporte Metropolitano ofrecerá aos usuarios descontos medios do 50% nas viaxes metropolitanas e un sistema de billete único que facilita a intermodalidade, xa que na área de Vigo, este Plan inclúe o transporte de ría.


Así mesmo, os usuarios recorrentes, é dicir, aqueles que realicen máis de 40 viaxes nun mes, terán unha bonificación adicional do 15% e os membros de familias numerosas obterán descontos de entre o 20% (categoría normal)  e o 50% (familia numerosa especial). Estas bonificacións adicionais serán contabilizadas e procesadas e o sistema realizará unha recarga dous meses despois na tarxeta con tan só introducila no caixeiro automático.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: