www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 8 de Setembro de 2010

Medio Ambiente convoca o 1º Foro de participación sobre recursos naturais
Sociedade • 1/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Analizar a eficiencia enerxética será o argumento do primeiro foro de participación que se vai celebrar este venres ás 20:00 horas na Casa da Cultura aberto a toda a cidadanía en xeral


Detectar problemas e buscar solucións é o obxectivo destes foros nos que poderán participar todas aquelas organizacións, empresas , asociación e entidades que teñan interese por temas como a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, augas, saneamento, contaminación, biodiversidade e xestión de espazos no municipio.


A orde do día incluirá unha breve explicación sobre a razón do foro e o seu funcionamento así como a creación dun grupo representativo que traballará durante todo o ano.


O foro reunirase periodicamente co obxectivo de funcionar como lugar de encontro e debate no que se acaden medidas consensuadas que fomenten un concello máis sostible.


Ao longo do ano poranse en marcha outros foros nos que se abordarán cuestións tales como a xestión de residuos ou a mobilidade


Esta convocatoria está encadrada dentro da campaña informativa e participativa sobre a situación da Axenda 21 en Redondela posta en marcha o pasado ano.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: