Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Luisa Cayetano: "Nunca nos absteriamos se iso significa permitir un goberno do PP"
Política • 20/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

"Somos de esquerdas e non permitiremos un goberno do PP" así o asegura a cabeza de lista da nova formación Son Redondela que aglutina membros de Anova, Esquerda Unida, Podemos e independentes. Cayetano engade que a súa presenza na corporación municipal servirá para promover dende o concello políticas centradas nos servizos sociais, na cultura e no emprego que, ao seu entender, son as grandes carencias de Redondela.


Luisa Cayetano, candidata á alcaldía por Son Redondela asegura que a súa elección á liderar esta formación fíxose por consenso "logo de entender todos os integrantes da lista que son a persoa máis coñecida dos que nos presentamos".  Unha candidatura na que atopamos membros doutras formacións políticas como Anova, Esquerda Unida e Podemos así como independentes que deciden unise para conformar esta candidatura cidadá "de esquerdas, que centrará o seu programa en fomentar políticas que atendan as necesidades que a día de hoxe non están cubertas". Neste sentido márcase como obxectivo garantir a vivenda ou a alimentación a aqueles que o necesiten.


Asegura Cayetano que no caso de acadar apoios suficientes nos vindeiros comicios de maio, un apoio que esperan "obter entre os desencantados doutros partidos tanto de dereita como de esquerda"  farán o posible porque non goberne o PP. Nese sentido conclúe dicindo que "nunca apoiaremos nin nos absteremos si iso significa permitir un goberno de dereitas na alcaldía de Redondela".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: