www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Chapela e SAR, fin de semana de triunfos
Deporte • 20/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Malia practicamente carecer de opción para promocionar, o Chapela continúa loitando partido a partido e esta fin de semana lograba vencer na súa visita ao campo do Cinco Jotas Lavadores, equipo cuxa permanencia en primeira nacional segue sen estar asegurada logo desta derrota por 22-34 ante o Construcciones Castro. Vitoria tamén para a SAR, aínda que neste caso resultado máis axustado no partido disputado na Bomboneira e no que os de Redondela gañaron ao OAR por tan só dous goles (23-21).


Boa entrada no pavillón de Lavadores para asistir ao encontro do Cinco Jotas co Construcciones Castro que rematou cunha contundente vitoria a favor dos de Chapela. No descanso os locais perdían xa por seis goles de diferenza e na segunda parte houbo máis do mesmo, logrando o Chapela facerse co partido e incrementar a distancia cos seu rivais nun encontro que rematou co resultado de 22-34.


O Construcciones recibe na vindeira semana a un equipo desafiuzado, o Poio Artai,pechacancelas da categoría.


Pola súa banda a SAR, logo de vencer esta sábado na bomboneira ao OAR Coruña, ten unha cita na vindeira semana contra o quinto da categoría, xogarán no campo do Calvo Xiria.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: