www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Outubro de 2018

Podemos, Eu e Anova forman Son Redondela, unha candidatura liderada por Luisa Cayetano
Política • 17/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A candidatura que se presentará aos vindeiros comicios municipais preséntanse co obxectivo de "ser unha alternativa real de goberno ao PP" e na súa listas atopamos membros de Anova, Esquerda Unida, Podemos e independentes. Defínense como unha candidatura de unidade cidadá e está encabezada pola militante de Podemos Luísa Cayetano.


Preséntanse como unha alternativa real de goberno ao PP que poña o concello ao servizo da xente para garantir unha vida digna aos veciños. "Un concello que promova o dereito á educación, á sanidade, á vivenda digna e a unha renda mínima a todas as persoas".


A cabeza de lista será a militante de Podemos Luísa Cayetano, quen formara parte anteriormente de AER. No segundo posto está Óscar Benavides de Equerda Unida e no terceiro a tamén militantes de Podemos Eva Pereira. Completan os dez primeiros postos Laura Domínguez (Podemos), Alejo Senra (EU), Catuxa Pato ( Anova), Cris Blanco (Anova), Lino Pereira (Independente), Rafa Balado (Anova) e Xurxo Valcárcel (Anova).


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: