www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Títeres, cine de animación e música para celebrar o X aniversario da Biblioteca de Chapela
Cultura • 16/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela acolle na tarde do venres 17 a partir das 18:00 horas un completo programa de actividades para celebrar o décimo aniversario desta axencia de lectura que botara a andar un 14 de abril do ano 2005. Unhas instalacións que arrancaron con 4000 exemplares e que a día de hoxe contan con máis de 9.500 documentos.


Son case dous mil os socios desta biblioteca que arrancou a súa andaina hai xa dez anos grazas a implicación da propia biblioteca de Redondela, do concello e da insistencia e colaboración da propia asociación de veciños da parroquia. Un colectivo que traballou intensamente para lograr libros e publicacións cos que encher os andeis desta axencia de lectura que a día de hoxe conta cun fondo de 9.500 documentos.


Anos de traballo, de darse a coñecer e de organizar actividades como as que se celebran na xonrada de mañá cun completo programa no que non faltarán os títeres da compañía Tarabelos, as curtas de animacións "A pota que trota" e "El tragaldabas" e a entrega de premios aos gañadores do concruto de debuxo "a túa biblioteca imaxinada". Actividades para o público familiar a partir das seis da tarde que darán paso a partir das 20:30 ás actuacións musicais a cargo da Coral O Piñeiral e a banda de Música de Chapela.


As 21:30 a quenda será para Alberto Vilas e a música clásica e as dez o grupo de música rock "Los desconocidos" serán os encargados de pechar unha xornada intensa de actividades na que non faltará os agasallos conmemorativos: un marcapáxinas elaborado para a ocasión polas Bibliotecas Municipais.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: