Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 15 de Agosto de 2018

A Confraría promove o choco de Redondela no salón de Gourmets que se celebra en Madrid
Sociedade • 15/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Confraría de Redondela está presente durante toda a semana na XXIX edición do Salón de Gourmets de Madrid. A súa presenza nesta feira internacional de alimentación e bebidas de calidade serve para dar a coñecer e comercializar o choco da enseada, un produto que cada vez é máis demandado sobre todo en comunidades como Cataluña ou Pais Vasco e que presenta agora o aval de contar co selo de denominación de orixe que garante a súa procedencia e calidade.


Durante a mostra ademais de repartir información entre os profesionais que asisten ao salón, organizan catas e degustacións que permiten aos asistentes saborear o choco da enseada, un produto de máxima calidade tal e como así o acredita o seu distintivo de denominación de orixe que o identifica como procedente da enseada.


Gourmets é unha feira profesional, que constitúa unha das referencias no sector da gastronomía de calidade en España e Europa. Conta con 20.000 metros cadrados de exposición nos que se dan cita 30.000 produtos e uns 1.200 expositores nacionais e internacionais e por onde pasan 80.000 visitantes profesionais. Un escaparate de excepción que permite a confraría de Redondela dar a coñecer o seu produto estrela.


Esta feira naceu en 1987 coa vocación de ser escenario de productos de alimentación y bebidas delicatessen.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: