www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Decembro de 2018

Rita Otero xa ten a súa rúa
Institucional • 14/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os fillos da homenaxeada, a través do seu representante Pedro Regojo, agradecen os recoñecementos que a muller do industrial José Regojo recibiu durante os últimos meses logo de ser nomeada persoeira do ano 2014. O colofón a este programa de actividades tiña lugar o pasado venres nun acto institucional consistente na descuberta dunha placa na rúa Ríta Otero, fronte ao pazo de Petán, propiedade da súa familia.

 


Pedro Regojo foi o encargado de pronunciar o emotivo discurso no que lembrou o carácter caritativo da súa nai e agradeceu o feito excepcional de que a súa familia teña dúas rúas no centro da vila: a que dende anos leva o nome de José Regojo e a recén nomeada Rita Otero.


Da súa nai destacou que "non foi unha boa muller, se non unha muller boa" cun carácter de entrega aos demais que a levaba a visitar e axudar a todos independentemente da súa ideoloxía, procedencia ou sexo.


O alcalde Javier Bas, lembrou que co nomeamento desa rúa "dase cumprimento a un acordo plenario que quere recoñecer a figura de Rita Otero".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: