www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Outubro de 2019

Novas instalacións no Centro da Terceira Idade
Institucional • 1/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O centro sociocomunitario inicia unha nova andaina coas súas instalacións renovadas

Investíronse un total de 155.000 euros nunhas obras que se prolongaron durante catro meses e que serviron para mellorar a accesibilidade e funcionalidade do centro.


Os traballos, realizados durante os últimos catro meses por valor de 155.000 euros,  consistiron na reforma integral da cafetería, a construcción de dúas novas salas de actividades no primeiro andar así como a creación dunha nova sala para televisión e a remodelación do espacio dedicado a biblioteca. Reforzouse ademais a estrutura da cuberta exterior e instalouse un novo sistema de climatización.


A inauguración oficial tiña lugar o pasado venres nun acto no que estivo presente a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, quen destacou que o obxetivo da actuación "é mellorar a accesibilidade e funcionalidade do centro social para que todos os usuarios e usuarias disfruten das instalacións e das actividades que alí realizan".


No transcurso do acto, que contou coa actuación do grupo de corda Balt Cuartet, entregouse o premio ao finalista do primeiro certame de pintura que o centro decidiu organizar este ano e que recaiu na obra "pan, viño e xamón-" de Manuel Alonso Martínez.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: