www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Maskarpone, Mala Hierba e Chío na final do concurso de maquetas Millo Verde
Cultura • 10/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os tres grupos finalistas participan esta noite dun concerto no que se será o público asistente o que cos seus votos elixa ao gañador desta edición, que ademais de facerse co premio do certame farase co dereito a actuar na IX edición do Festival Alternativo Millo Verde que se celebrará os días 11, 12 e 13 de xuño. O concerto de hoxe, ás 22:30 horas no recinto da antiga feira de gando, contará tamén coa actuación fóra de concurso do grupo local Chaleco Reflectante.


Os grupos Chío (Moaña), Mala Hierba (Pontevedra) e Maskarpone (Ourense) son os tres finalistas seleccionados de entre as trinta formacións que este ao se presentaron ao concurso de maquetas convocado pola Asociación Millo Verde.


Estas tres bandas do territorio galego actuarán esta noite no antigo recinto do gando para facerse cos 300 euros do premio así como gañarse o dereito a estar no cartel do Festival Alternativo que se celebrara no mes de xuño. A entrada ao recinto terá un prezo de 3 euros con consumición e será imprescindible para poder votar ao gañador desta VIII edición.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: