Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Arranca a programación cinematográfica no Multiusos coa proxección de Magical Girl
Cultura • 9/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A película de Carlos Vermut poderase ver mañá venres día 10 de abril ás 21:00 horas. Este é o primeiro dos seis títulos que se proxectarán no Multiusos da Xunqueira durante os vindeiros meses grazas á adhesión do concello ao circuíto "Cinemas de Galicia" do Agadic. Ida, O Ouro do Tempo, Meu deus, pero que che fixemos?, 9 ondas e Inevitable completan o programa. As proxeccións teñen un prezo de 3 euros.


Redondela ven de sumarse ao circuíto "Cinemas de Galicia"  a rede municipal de exhibición cinematográfica impulsada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Unha iniciativa cultural se desenvolverá no Multiusos da Xunqueira e que ten por obxecto ofrecer novas posibilidades de distribución aos filmes galegos que se atopan en fase de explotación comercial e outras películas que malia a súa calidade carecen dunha ampla distribución.


A concellería de cultura escolleu seis títulos, dun catálogo de 27 películas, das que 16 son títulos galegos de moi diferentes xéneros e as 11 restantes, produccións españolas e europeas avaladas pola crítica e por importantes premios e festivais.
A primeira das proxección será o día 10 de abril coa película de Carlos Vermut "Magical Girl. Seguiranlle "Ida" o día 17 de abril, "O ouro do tempo" o 15 de maio e a francesa "Meu deus, pero que che fixemos?" o 22 de maio. No mes de xuño proxectarase o día 19 "9 ondas" e o 26 "inevitable".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: