www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

A Roda presenta en Redondela os seus temas de sempre recollidos no disco Outra volta de roda
Cultura • 8/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O andar miudiño, Pousa,pousa, O gato... e así ata un total de trece temas tradicionais son os que se recolle no disco Outra volta de roda que o grupo presentará no Multiusos da Xunqueira ese domingo nun concerto que terá lugar ás 20:00 horas do vindeiro día 12. Un traballo que quere ser tamén unha homenaxe e unha lembranza a Fito, membro fundador do grupo falecido no 2012.


Alfredo Dourado, Anxo Comesaña, David Cabaleiro, Manuel Dopico e Xan Arcón, integrantes dun dos grupos máis representativos da nosa tradición popular, subiranse ao escenario do Multiusos o vindeiro domingo para interpretar a música de sempre, un total de 13 temas que recollen no seu último traballo, o disco "Outra volta de roda".


Logo de case 40 anos no panorama musical, o grupo naceu oficialmente no ano 1977, A Roda segue xirando e faino cun disco no que atopamos as cancións dos primeiros discos da formación "coa idea de darlle unha reviravolta, unha nova lectura a cancións que forman parte da historia inicial do grupo" en palabras de Dourado.


E contan para iso coa colaboracións de recoñecidos artistas como Emilio Rúa ou Luis Vaamonde e as voces femininas de Ses ou Najla Shami, algo que sorprende por asociar tradionalmente a música de A Roda a voces exclusivamente masculinas.


Os temas recollidos neste traballo escoitaranse o domingo ás 20:00 horas no Multiusos. As entradas pódense adquirir xa no Café da vila por 5 euros en venda anticipada. O día do concerto na billeteira o prezo será de 6 euros.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: