www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

Alén Nós presenta o Mudhar, un proxecto para a creación dun museo de antropoloxía e historia
Cultura • 8/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O colectivo cultural convida a todos os veciños, asociacións e formacións políticas a achegarse a presentación pública do proxecto elaborado en colaboración coa empresa A Citania, para promover a creación dun museo de antropoloxía e historia, o MUDHAR, que pretende a defensa do seu patrimonio cultural. Unha presentación que terá lugar o xoves 9 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira.


A proposta de Alén Nós pasa por instalar este museo na Casa dos mestres, na Avenida Mendiño, unha edificación neste intre abandonada e en perigo de ruina. Un espazo que ao entender do colectivo debería ser rehabilitado para poder así albergar ese museo que abordaría contidos variados en torno a diferentes apartados: a xente e o territorio (as persoas, a ría e o camiño), a historia (prehistoria e historia antiga, época medieval, época moderna e contemporánea), a memoria do mar (oficios e industria, tradicións), a memoria da terra (oficios e industria, tradicións), Redondela a terra das mil festas (a Coca e o Corpus, os títeres, os Maios, o choco, o Entroido, as curtametraxes, os fachos). Unha propostas suxeita a modificacións pero que a base sobre a cal asentan este proxecto e que lle trasladarán aos asistentes no acto deste xoves ás 20:00 horas no Multiusos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: