www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

O número de desempregados baixa en 155 persoas na comarca de Redondela
Sociedade • 7/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Mesmo comportamento o experimentado no último mes nos catro concellos que conforman a nosa comarca en canto á evolución do paro, con caídas no número de desempregados en Redondela, Soutomaior, Pazos e Fornelos. Un mes de marzo que nos deixa polo tanto bos datos en canto á recuperación do emprego, malia ter arrancado o ano cun mes de xaneiro nefasto.


A comunidade vive o mellor marzo dende 2004 con 5.126 parados menos e máis afiliados á Seguridade Social. A nosa comarca beneficiase tamén desa tendencia malia que hai cinco meses o número de desempregados era menor no noso concello. Logo de importantes subas no número de persoas en situación de desemprego tanto no mes de decembro como no arranque deste 2015, a situación tende a mellorar cun descenso nas cifras de paro. 68 terían atopado traballo no pasado mes situándose a día de hoxe o número de desempregados en Redondela en 2.614. Redución salientable tamén en Soutomaior, cun descenso de 31 persoas que deixa o cómputo total en 846. No Concello de Pazos hai inscritas 408 persoas en situación de busca de emprego, 35 menos que o mes anterior, mentres que en Fornelos son 196 as persoas nesta situación, 21 menos que en febreiro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: