www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Outubro de 2018

O equipo Seguros Blanco faise coa XXXIII Maratón de Semana Santa de fútbol sala
Deporte • 6/04/2015
Autor: Ana Prieto

Redondela FS e Campito FS sumaron esforzos para recuperar este ano un dos torneos con máis tradición do fútbol sala da bisbarra. Un total de dezaseis equipos, dende a noite do Xoves Santo ata o sábado pola noite, disputaron a maratón, na que se impuxo Seguros Blanco.


Logo de ter que suspender a súa celebración o pasado ano, os dous clubs redondeláns conseguiron nesta ocasión sacala adiante, no medio dun ambiente. Tanto o público nas bancadas, como o bo nivel de xogo e a deportividade de todos os xogadores, fixeron posible que esta edición rematara como unha das mellores dos últimos anos. Os organizadores confían agora en que non só se manteña esta cota de equipos, senón que para seguintes edicións aumenten e poidan chegar a un número importante de equipos. O premio á Deportividade desta edición foi para "Los Rompetarimas", o de Equipo Menos Goleado "Seguros Blanco", o Máximo Goleador foi Piky, do equipo "Diverchan", o premio para Mellor Xogador recaeu en Borja Rúa, de "Seguros Blanco", os equipos semifinalistas foron "Los Rompetarimas" e "Cantería Carna", e o subcampión "Casa Conchita".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: