www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Lectura radiofónica de El Quijote
Cultura • 6/04/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Veciños de todas as idades pasaron polos micrófonos de Radio Redondela para colaborar e participar dunha iniciativa da Asociación de Amigos das Bibliotecas e as bibliotecas municipais consistente na lectura radiofónica da segunda parte de El Quijote publicada en 1615. Os textos emitiranse ao longo do mes de abril na Radio Municipal de Redondela, de luns a venres, no programa matinal "A Estación"  e, de xeito continuado o 23 de abril, Día Internacional do Libro, a partir das 20:00 h.


Miguel de Cervantes non tiña inicialmente intención de publicar unha segunda parte da obra, pero a aparición do Quixote de Alonso Fernández de Avellaneda impulsouno a crear a que para moitos é a mellor continuación da historia, unha segunda parte publicada en 1615 e da que en todo o estado español están a levar a cabo diferentes homenaxes para conmemorar o seu aniversario.


A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, a Radio Municipal e as bibliotecas, queren sumarse a este  aniversario coa gravación e emisión  radiofónica de distintos fragmentos do texto que se emitirán ao longo do mes de abril na Radio Municipal de Redondela, de luns a venres, no programa matinal "A Estación"  e, dun modo continuado, o 23 de abril, Día Internacional do Libro, a partir das 20:00 h.


As verdadeiras protagonistas desta iniciativa son todas as persoas que puxeron a súa voz para dar vida a estas pasaxes e ás que os membros da asociación e colaboradores queren agradecer a súa contribución,  sen a cal este proxecto non tivese sido posible


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: