www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 9 de Decembro de 2019

Desaloxado un edificio de Redondela por un incendio nunha vivenda
Sucesos • 29/01/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O intenso lume, provocado por unha tarteira esquecida nun fogón, obrigou a desaloxar aos veciños dun edificio de 4 andares na rúa pai Crespo ás 14:30 horas de onte


Importante susto o que se levaron onte os veciños do edificio número 53 da rúa pai Crespo. O esquecemento dunha tarteira nun fogón orixinou un lume que se estendeu á campá extractora da cociña provocando un intenso fume que afectou a todo o edificio.


O suceso producíase ás 14:30 horas de onte segundo información da Policía Local quen procedeu a desaloxar o edificio de catro andares. En total foron uns vinte veciños os que por precaución tiveron que abandonar durante unha hora as súas vivendas.


Primeiro cun extintor e posteriormente co camión motobomba do Grumir, efectivos da Policía municipal e de Protección Civil extinguiron o incendio e regularon o tráfico na zona, xa que o incidente obrigou a cortar un dos carras de Pai Crespo.


O suceso saldouse sen feridos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: