www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

O Jiu Jitsu brasileiro faise un oco en Redondela
Deporte • 31/03/2015
Autor: Ana Prieto

Trátase dunha arte marcial de recente implantación en España e que conta xa cun club en Redondela. O Pressa Team, malia ter moi poucos anos de vida, compite xa a gran nivel nacional e internacional. Un dos seus membros, Sergio Pérez Couñago, ten no seu haber unha Supercopa de España e acadou a prata no II Open Stockmma Internacional.


O club redondelán, filial do canario Gil Catarino, conta na actualidade con 15 membros, cuxas idades oscilan entre os 16 e os 40 anos, e adestran no ximansio Do Yang, en Santa Mariña. O Jiu-Jitsu brasileiro é unha arte marcial e un sistema de defensa persoal de orixe xaponesa, enfocado principalmente "na loita corpo a corpo no chan". Esta arte promove o concepto de que un individuo "pequeno e lixeiro pode defenderse con éxito dun opoñente máis grande e forte mediante o uso de técnica, levando o enfrontamento ao chan". Como explica o propio Sergio o seu obxectivo agora é "dar a coñecer este deporte en Redondela", para que persoas de calquera idade "se animen a practicalo". O seu palmarés no último campionato de clubs foi a terceira posición por equipos e con moi boas posicións individuais nun torneo de máis de 200 participantes. Con todo, este ano non puideron asistir aos campionatos disputados en Roma e Lisboa pola Federación Mundial por motivos económicos. No mes de maio participarán na Super Copa de Europa en Madrid, no Open de Barcelona da Federación Mundial e no Campionato do Mundo en xuño.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: