Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Aberto o prazo para solicitar praza no Programa de Balnearios Coidarte 2015
Sociedade • 31/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Redondela abre o prazo para participar no programa de balnearios "Coidarte", unha actividade que vai dirixida ás persoas de máis de 50 anos, pensionistas ou aqueles que necesiten "un respiro familiar" e así o acredite un informe do traballador social do Concello. Os interesados deberán solicitar a súa participación no periodo comprendido entre o 1 e  o 30 de abril de 2015, entregando a solicitude no Rexistro do Concello Redondela ou na oficina de Rexistro situada en Chapela.


O programa consiste en pasar cinco tardes, de luns a venres, nun dos establecementos escollidos, facilitando o transporte desde os concellos ata o establecemento e viceversa.


O uso das instalacións do balneario, spa ou talaso será dunha media de dúas horas cada día e facilitaranse unhas chancletas e un gorro de auga para cada persoa. O único requisito indispensable é non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía.


O programa estará cofinanciado pola Deputación de Pontevedra (40 €) e o Concello de Redondela (10 €).


Os interesados deberán solicitar a súa participación no periodo comprendido entre o 1 e  o 30 de abril de 2015, entregando a solicitude no Rexistro do Concello Redondela ou na oficina de Rexistro situada en Chapela.


Máis información, nas oficinas dos Servizos Sociais de Redondela (986 402 608) e Chapela (986 458 993).


Cada usuario terá que pagar unha cota dependendo do lugar elidido. No caso de solicitar a súa estadía en Cuntis serían 67 €, na Toxa 66 €, Mondariz 63 €, Oia.60 €, Moaña 45 €


E o máis económico o de Silleda onde só se pagarían 25 €.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: