| www.radioredondela.com | Hoxe é Mércores, 8 de Setembro de 2010 |
|
O BNG critica a "baixa catadura moral" da voceira do PP
Institucional • 28/01/2010
Autor: M. X. Queimaliños O portavoz do BNG, Carlos Pazos acusa á concelleira popular, Francisca Canal de recorrer ao insulto canto carece de argumentos e de "empregar a mentira" para defender as súas posturas. O edil nacionalista criticaba a "baixa catadura moral" de Francisca Canal despois de que a voceira do PP o acusara "de ser un lacaio do alcalde" ao remate do pleno que se celebraba na tarde do mércores. Pazos, sen entrar a valorar o acontecido durante a sesión, entende que a única que está a incumprir de xeito reiterado as normas democráticas imperantes nos plenos é Canal, a quen acusa de faltar ao respecto ao resto dos membros da corporación. |
| Audios relacionados co artigo |