Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

O Chapela vence na súa visita ao campo do Granitos e a SAR cae ante o Novás
Deporte • 30/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Desiguais resultados para o balonmán local, dous equipos que van vivir á volta das vacacións de Semana Santa un interesantísimo derbi que se disputará o 11 de abril en Chapela. O Construcciones Castro chegará a esa cita no cuarto posto da clasificación logo de vencer por 20-28 ao Granitos. A SAR no quinto posto da táboa aforntará ese partido con peores ánimos logo de sufrir esta fin de semana unha avultada derrota ante o Novas por 16-30.


Partido clave para o Construcciones Chapela o celebrado esta fin de semana xa que non podía fallar se quere aspirar a situarse no segundo posto da clasificación. Unha reválida que logrou superar logo de vencer cun cómodo 20-28 ao Granitos.


Peor sorte para a Sar que sufriu unha dura derrota na bomboneira. Nada puido facer o equipo redondelán no partido disputado ante o segundo clasificado. O Acanor Novás logrou unha cómoda vitoria nun partido que rematou co resultado de 16-30.


Logo dunha primeira parte igualada, o conxunto local derrubouse no segundo parte colleitaron unha ampla derrota por catorce tantos. Malia a derrota a SAR mantense no quinto posto da clasificación.


Logo do parón de Semana Santa vivirase en Chapela un interesantísimo derbi que enfrontará aos dous equipos locais. Será o sábado 11 de abril no pavillón municipal de Chapela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: