www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Plastic Omnium recorrerá á bolsa de emprego do Concello para as novas contratacións
Institucional • 27/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A empresa, que leva asentada en Redondela 25 anos, comprométese co concello a seguir botando man de traballadores redondeláns no caso de precisar incrementar o seu cadro de persoal. Así o aseguraba onte o alcalde, Javier Bás nunha visitar realizada a sede da empresa. O Concello comprométese a  realizar accións formativas orientadas a preparar aos candidatos.


Así o explicaba a concelleira de Emprego Ana Alonso, que explicou que dende o 2011 Plastic Omnium contratou a máis de 120 veciños de Redondela a través de diferentes convenios de colaboración que permitiron que 150 persoas realizase practicas laborais cunha cifra de inserción do 85%.


O director da empresa, Eduardo Villanueva, apuntaba que a día de hoxe son un total de 340 empregos directos os que oferta esta empresa asentada en Redondela dende hai 25 anos.


Lembraba tamén os momentos difíciles vividos pola planta sobre todo no ano 2010 "cun futuro marcado pola incerteza e no que estaban en risco os 206 empregos que había naquel intre". Unha situación difícil que se solventou grazas a chegada de carga de traballo e da modernización da propia fábrica que permite a día de hoxe contar con novas tecnoloxías e fabricar produtos máis competitivos.


A empresa Plastic Omnium fabrica diversos compoñentes plásticos para os vehículos do grupo PSA Citroën-Peugeot e aspira a fabricar os parachoques do novo vehículo da planta de Balaídos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: