www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

Visita gratuíta a San Simón e Meirande dentro da programación do Marzo Muller
Institucional • 26/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Un programa de actividades organizado pola Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade que está a piques de rematar. Será cunha xornada de convivencia na tarde do sábado que inclúe unha visita guiada a San Simón e un taller sobre o asociacionismo na Casa da Cultura o luns día 30. Actividades de balde malia que para participar na visita a Illa é precisa de inscrición previa no 986 408043.


A saída incluirá unha visita ao Museo Meirande na tarde do sábado a partir das 17.00 horas. Xa dende alí partirá o barco que levará aos participantes ata a Illa de San Simón, lugar no que contarán cun guía para coñecer a historia do lugar. Ao remate desta visita, se procederá ao viaxe de volta ao Museo Meirande.


Unha actividade gratuíta pero que precisa de inscrición previa no número de teléfono 986 40 80 43, proporcionando nome e apelidos, número de DNI e número de teléfono. O prazo límite para se inscribir será mañá venres.


Xa o luns rematan as actividades co taller "O asociacionismo: claves para o empoderamento da muller" co que se quere achegar ás participantes as ferramentas para facilitar a súa participación nos movementos sociais. Será na Casa da Cultura ás 16:30 horas o luns día 30.


Pantalán


A excursión do sábado servirá para inaugurar o novo pantalán, situado na fachada do Meirande, e que permite o atraque de embarcacións dando así acceso ao museo tamén por mar. O pantalán ten unha lonxitude de 24 metros e contou cun investimentos de 70.000 euros.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: