Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

Actividades para os nenos nas bibliotecas de Chapela e Redondela
Cultura • 26/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Este xoves e venres as instalacións das bibliotecas acolles dous novos contacontos dirixidos ao público infantil. O día 26 será na axencia de lectura de Chapela co grupo Xanela Ocio e os seus Contos ao revés. Ao día seguinte, venres 27 na biblioteca de Redondela Miguel Angel Alonso Diz presentará "O soño de Esther".

 


A propostas do grupo Xanela Ocio cos seus contos ao revés está orientada a nenos e nenas a partir de 5 anos. Un contacontos no que os papeis dos personaxes son transformados e alterados, fomentando a igualdade e o respecto, onde as bruxas son boas, os príncipes feos, e as princesas...


O xoves 26 de Marzo, ás 18:30 h. con entrada libre ata completar o aforo.


Xa o venres chega a Redondela "O soño de Esther" un contacontos para nenos de 4 a 7 anos nas instalacións da biblioteca no Multiusos da Xunqueira. Da voz de Miguel Ángel Alonso Diz, os nenos viaxarán ao mundo dos soños, vivirán fermosas aventuras e mesmo descubrirán a historia da nosa lingua. Ao remate, pintarán na escuridade coa luz que desprende a súa poesía. Todo isto na sala infantil o día 27 de marzo ás 18:30 h. Entrada libre e de balde, ata completar aforo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: