www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Outubro de 2019

O pleno aproba o financiamento da piscina de Chapela en medio dunha monumental rifa
Institucional • 28/01/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Inmediatamente despois de aprobarse o punto no que se sometía a votación o financiamento deste proxecto con cargo a totalidade dos fondos do plan E, Xaime Rei levantou o pleno. O punto aprobouse co apoio unánime de todos os grupos


O debate sobre o financiamento do centro de deportes acuáticos de Chapela comezou con críticas por parte dos populares quen acusaron ao PSOE de "fraude electoral" por "prometer un ambicioso centro con spa, cafetería e piscina e aprobar agora tan só unha primeira fase" que non inclúe a totalidade das instalacións. A voceira do PP, Francisca Canal solicitaba aos socialistas que concretaran cando estaba previsto realizar a segunda fase e insistía en que se está a falar dun proxecto virtual "como o auditorio de A Marisma ou o centro de día".


Criticaba ademais que a totalidade dos investimentos do Plan E deste ano para Redondela se investisen nunha única obra cando na propia parroquia de Chapela hai outras carencias como o arranxo de camiños ou unha gardería.


Dende o PSOE o edil Emilio González Iglesias botáballe en cara a Canal que o seu grupo se tivera abstido cando se adxudicou o proxecto e garantía que a segunda fase será unha realidade. Retaba aos populares a solicitar ao "goberno do PP na Xunta" que financie o custe da segunda fase do proxecto xa que "os 3'2 millóns do Plan Zapatero só permiten acometer polo de agora a primeira fase posto que a actuación no seu conxunto ascende a 5'6 millóns".


A continuación producíase unha acalorada discusión en González Iglesias e Canal. Xaime Rei, logo de tres advertencias á edil popular ordenou a súa expulsión da sala, orden que a concelleira negouse a acatar.


Logo do altercado, no que Canal acusou ao rexedor local de "dictador", "maleducado" e "machista", o alcalde sometía o punto a votación e de xeito inmediato levantaba a sesión.


A representante do PP considera que non se están a respectar os dereitos democráticos da oposición e critica que o alcalde actúe como si o Concello fora a súa casa "impedindo as intervencións da que é a lista máis votada", mentres dende a alcaldía acúsase aos populares de carecer de argumentos e "empregar a estratexia de facer follón nos plenos" para provocar situacións como a vivida onte.


Un pleno que remataba de xeito precipitado e no que ademais de aprobarse o financiamento do centro de deportes acuáticos de Chapela tamén se deu luz verde á contratación dun policía local de medio ambiente.

Comentarios
Arturo
Xoves 28 de Xaneiro de 2010 ás 16:29 horas
Estes que se opoñen, por motivos políticos, á privatización dun servizo determinado logo son os primeiros privatizadores no seu ámbito. Agora seica prantexan privatizar a vixiancia dos postos da feira. Menudos socialistas!!!
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Xoves 28 de Xaneiro de 2010 ás 15:21 horas
Hai unha noticia neste mesmo medio, titulada "Os ladróns visitan Redondela"
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Xoves 28 de Xaneiro de 2010 ás 15:19 horas
Con 3´2 MILLÓNS DE EUROS, non se facía un Spa, cafetería, piscina, xinnasio, etc. . . . . se podería incluso, financiar outros proxectos para a parróquia de Chapela, e incluso para outras parróquias do concello. Claro que NON en mans do pretixioso prestidixitador, menistro de economía do Ilmo. Concello, Emilio González. Este Sr. só sabe convertir os fondos públicos, en beneficio para as empresas privadas, e en perxuicio para @s veciñ@s e traballador@s dos Servizos Públicos.

Teñen moita cara, estes socialistas, colocando unha faixa na sede local do partido, na praza de Figueroa, en contra da privaticización do IV hospital vigués, no que tamén unha empresa privada financia a obra a cambio da adxudicación da xestión por por 30 anos, dos servizos non sanitarios do hospital, coma se pasar unha fregona nun quirófano ou nunha habitación dun enfermo, non tivera nada que ver ca sanidade.

A privatización dos servizos, a externalización da xestión dos mesmos, só demostra falta total de competencia.

[1-3]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: