Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Agosto de 2018

O Concello suspende os actos oficiais polo accidente aéreo dos Alpes
Institucional • 26/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

As actividades previstas tanto para a tarde de hoxe coa entrega dos premios Os Viadutos como para mañá venres coa inauguración da rúa Rita Otero foron suspendidas pola alcaldía en conformidade á declaración de tres días de loito oficial polo accidente aéreo acaecido nos Alpes franceses.


Queda polo tanto posposto o acto de clausura dos actos dedicados a Rita Otero como personaxe do ano 2014 e que estaba previsto se celebraran mañá venres coa colocación dunha placa na rúa que levará o nome desta muller nas inmediacións do Pazo de Petán.


Tamén se pospón sine die a entrega dos premios do Certame de Relatos Curtos Os Viadutos, unha cerimonia que estaba previsto celebrar hoxe mesmo ás 19.00 horas, no Multiusos da Xunqueira.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: