Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Agosto de 2018

Cesantes acolle a XIX Bandeira Concello de Redondela de Bateis
Deporte • 24/03/2015
Autor: Ana Prieto

O Club de Remo de Cesantes é o encargado de organizar esta proba, na que participarán embarcacións de toda a provincia de Pontevedra. A competición será o domingo, a partires das 11.00 horas, e o club anfitrión participa con catro embarcación, en todas as categorías masculinas.


Ignacio Novelle, membro da directiva, sinala que se trata dunha "responsabilidade" organizar esta proba, e ao mesmo tempo unha satisfacción, xa que lle brinda aos seus deportistas a oportunidade de competir "diante do seu público". Confía en que as condicións meteorolóxicas sexan favorables e que participen practicamente todos os clubs da Liga Territorial Sur de Bateis. O outro club de remo da localidade, o C.R. Chapela, participará tanto nas categorías masculinas como femininas, e agárdase que aproximadamente unha ducia de clubs da provincia tomen a saída nalgunha das probas. No club anfitrión confían en facer "un bo papel", xa que o balance nesta temporada de bateis é "positivo". Sobre todo na categoría Infantil Masculina, onde teñen opcións de clasificarse para o Campionato Galego, que se disputará en Vilagarcía, e mesmo no Campionato de España, que se vai celebrar en Meira, ambos no mes de abril.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: