www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

Charla sobre os recortes na sanidade e a problemática dos enfermos de hepatite C
Sociedade • 23/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Unha actividade organizada pola Plataforma de Afectados de Hepatite C e que contará coa intervención da súa voceira Xulia Alonso e o médico redondelán José Emilio Santiago Nieto, membro da Plataforma SOS Sanidade Pública. A charla terá lugar ás 20:00 horas na Casa da Cultura.


Os recortes na sanidade e o atraso na subministración dos novos tratamentos aos enfermos de hepatite C son dúas cuestións intimamente relacionadas ao entender da Plataforma de afectados. Dende que se coñecera a existencia destes novos fármacos que podería curar aos afectados, enfermos e familiares están a demandar que os pacientes os reciban co único requisito de que así o determine o médico especialista. Algo que podería acontecer a partir do 1 de abril, data na que está previsto que se comecen a receitar.


Máis dun ano tiveron que esperar os afectados para chegar a este punto, meses cargados de mobilizacións e protestas, motivo polo que anuncian que estarán moi pendentes para ver si se cumpre o anunciado e os pacientes comezan a recibir os tratamentos que lles permitirían salvar a vida, en caso contrario "seguirán as protestas" tal e como explicaba nos nosos micrófonos Carmen Rodríguez Cunha, integrante da Plataforma.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: