www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Outubro de 2019

Curtas contra a guerra no Multiusos da Xunqueira
Cultura • 27/01/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A proxección das curtametraxes Jingle bells, MI chiamo Seby, Pim, pam, pum, Campás e On The Line terá lugar o venres ás 20:00 horas no Multiusos. A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade organiza esta actividade co fin de celebrar o Día Mundial Contra a Violencia.

 


As curtas que se proxectarán o vindeiro venres forman parte dun paquete temático de MrMisto films que buscan con esta proposta conxugar entretemento e reflexión nunha mesma sesión e dar saída a estas pequenas pezas audiovisuais.


Nesta ocasión e aproveitando a celebración o sábado do Día Mundial contra a violencia escolléronse 5 pezas que abordan a violencia dende diferente aspectos da vida dende as guerras, a violencia doméstica ou o terrotismo


Atopámonos coa curta "Campás" do pontevedrés Jairo Iglesias, xunto aos títulos Pim, pam, pum e On the Line que chegan dende Euskadi baixo a dirección de Andoni de Carlos e Jon Garaño respectivamente. De Madrid é o traballo Jingle Bells de David Casademunt e por último dende Italia chega Mi chiamo Seby de Gabriele Galanti.


A continuación haberá un debate moderado e conducido polo cinematógrafo Toni Brea, pertencente ao Seminario Galego de Eduación para a Paz.


As curtametraxes que se proxectan, terán a entrada libre e van dirixidas tanto a rapaces e rapazas maiores de 7 anos, coma á mocidade local e a toda a poboación de Redondela que se queira achegar ó Centro Multiusos o Venres día 29 ás 20:00 horas, pois a mellor maneira de dar as costas á violencia é pasar unha hora de bo cine, mostrándonos as distintas maneiras de violencia que nos axexan a diario.


A proxección durará unha hora, de 20:00 a 21:00 h  e posteriormente abrirase paso ao debate

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: