Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

O BNG demanda políticas de humanización nos Eidos que o afasten de ser nun barrio dormitorio
Política • 18/03/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Bloque critica as actuacións desenvolvidas neste barrio polo goberno local por centrárense unicamente "en gañar espazos para os coches e levar a cabo plantacións de árbores sen criterio. Unha medidas que segundo asegura o edil Xoán Carlos González, "lonxe de crear un entorno máis habitable e humanizado están a converter a zona dos Eidos nun aparcadoiro".


Nas últimas semanas, explica o edil, o concello realizou unha serie de intervencións na zona "que van en contra de humanizar espazos e crear condicións para unha verdadeira vida en veciñanza". Neste sentido apunta que os cambios no tráfico rodado establecendo sentidos únicos "so pretenderon crear máis prazas de aparcamento no canto de gañar espazos para as persoas".


Outras das actuacións que cuestionan céntrase nunha área verde de 700 m2 ubicada entre edificios. Un espazo perfecto ao entender de Xoán Carlos González para crear unha área de lecer e encontro entre veciños pero na que "o único que se fixo foi plantar arboliños".


Segundo o edil nacionalista, as actuacióna do goberno de Javier Bas van en contra dunha verdadeira humanización de entornos urbanos. En primeiro lugar porque actúa "con prepotencia ao ignorar un acordo plenario no que se acordara recuperar esta zona". Por outra banda, conclúe "pretenden converter Os Eidos nun barrio dormitorio e nun espazo de paso, situación que se verá gravada cando se abra a estación do AVE":


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: